Teño visita: Xoán Branco acaba de chegar a casa
Mirade que se fixo agardar! Dende agosto do ano pasado en que puxen a última coma, Xoán Branco levaba meses demorando a súa chegada. Cousas do tráfico, será! Mais hoxe, por fin, acabo de recibir da editorial os primeiros exemplares deste novo libro. Faime especial ilusión polo tema, a revolución irmandiña, un feito que a pesar da súa transcendencia segue sendo o gran descoñecido da nosa historia ata para nós mesmos, xa non digo fóra. Asà que hoxe estou contento con esta visita que xa tardaba. E, como sempre que recibes un libro novo na casa, ese primeiro momento en que o colles e o examinas de arriba abaixo é moi especial, entre os nervos por comprobar que non se deslizara ningún erro e a satisfacción de ver convertido en realidade o que durante moitos meses foi un proxecto. Mais si, parece que neste caso quedou todo ben feitiño...
Agora, xa só queda desexarlle unha boa andaina. A vindeira semana terédelo nas librarÃas do paÃs!
Valoración actual (1-5): 4.75
Lectores que han opinado: 4
Lectores que han opinado: 4
¿Quieres valorar esta entrada?




© 2011 Fran Zabaleta
Comentarios
AÃnda non tiven tempo a lelo, fareino esta fin de semana, pero xa en principio podo dicir que me gusta, unha polo tema e outro pola lingua que utilizas...a nosa lingua! o galego! que fai que a súa lectura sexa moito máis agradable, xa que falamos da nosa terra e da nosa historia.
Por dicir algo que invita xa a seguir coas restantes páxinas: a introdución, "esta é a historia dun home que soñou unha revolución. Una revolución como nunca se vira, capaz de pór do revés o mundo...." canta razón levas! e canta actualidade no texto... este deberÃa ser un libro de obrigada lectura para moitas persoas, que sacasen das súas liñas a forza para revelarse contra todo o que hoxe está a pasar, contra a crise aplastante e abafante que pretende deixarmos sen voz, sen folgos e ata sen ilusión. Ese soño de Xoán ten toda a forza nos tempos actuais e a revolta irmandiña deberÃa servir de exemplo para todos.
Grazas por estas lecturas cargadas de historia e personalidade.
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.