Onte, en Lalín, a Irmandade do libro da Federación de Libreiros de Galiza entregou os seus premios anuais, e Gonzalo e Maribel, da libraría Cartabón de Vigo, recibiron o premio a mellores libreiros do ano. E penso que poucas veces hai premios tan merecidos. Os que os coñecedes, sabedes xa do que falo. Porque Gonzalo e Maribel son deses tolos afortunados que gozan co que fan. Despois de vintesete anos á fronte da libraría, basta falar con eles un chisquiño para decatarse de que seguen a sentir a mesma paixón polo libro que cando abriron as portas por primeira vez. Gonzalo contoume nunha ocasión que xa aos doce anos tiña claro que el quería ser libreiro. E nótase ben. É un deses libreiros vocacionais, inquedo e curioso, sempre disposto a buscar novos camiños, que goza lendo, falando de libros, recomendando libros. Maribel, pola súa banda, é unha desas persoas que fan que che sentas cómodo desde o primeiro momento. Un día, hai xa uns cantos anos, entrei na librería para botar unha ollada e aos dous minutos xa estabamos falando coma se nos coñecésemos de toda a vida...
Despois viñeron moitas outras conversas, moitos outros ratos agradables entre libros, nos que tiven a oportunidade de ir coñecéndoos mellor e gozar da súa amizade. Foron eles os que, vai para dous anos, enredáronnos a Lois e a min para lanzarnos á aventura de Redelibros, que hoxe é xa unha referencia da literatura en galego na rede.
Alédame que o seu labor, que nunca buscou recoñocemento, sexa recoñecido. Alédame que a súa paixón sexa contaxiosa. Alédame que o traballo concienzudo e o compromiso, por unha vez, sexa noticia. Por iso, hoxe quero darlles os meus sentidos parabéns. Porque, con libreiros coma eles, de seguro haberá mil primaveras máis para a lingua galega.



En España se publican anualmente, más o menos, unos 75.000 libros. Son muchos, eso está claro. No conozco ninguna librería que tenga tanto espacio en sus mesas de novedades. Con lo que llegar al lector es una tarea árdua. Lo es incluso para los grandes grupos editoriales, aunque salta a la vista que cuentan con considerables mecanismos de promoción..., así que mejor no pensar en lo difícil que puede ser encontrar lectores para un autor que decide emprender el camino por su cuenta.
© 2011 Fran Zabaleta