02 julio , 2012
Mis libros
Comeza a semana cunha novidade: dende hoxe, Xoán Branco e a gran revolta irmandiña está á vosa disposición xa na miña propia tenda desta web. Para aqueles aos que vos apeteza botar un ollo á nosa propia historia, para os que queredes coñecer algo máis sobre un dos períodos máis interesantes da historia de Galiza. En formato papel e envío de balde á vosa casa se vivides no territorio estatal. Queredes saber algo máis sobre a revolta irmandiña? Facede clic nesta ligazón!
E recordade que este xoves as 21:00 horas estarei presentando Medievalario na Feira do Libro de Vigo. Agardo veros por alí!

|
21 junio , 2012
Mis libros
Este hombre está en todas partes. No solo protagoniza la revuelta irmandiña, sino que también se me ha colado en mi nueva novela, En tiempo de halcones, que estoy revisando estos días. Está claro que me cae bien... Os dejo con un fragmento que acabo de corregir, su primera aparición en la novela, paseando por el Betanzos de 1458 bastante ensimismado:
Observemos un instante al escribano. De baja estatura y aspecto algo rechoncho, vestido a la manera tradicional, no es él hombre dado a esas modas importadas y nunca le verán vuesas mercedes de corto y con medias bicolores, como suelen ahora los petimetres. Viste de largo, con pellón forrado de cendal hasta la rodilla, calzas negras, cinturón de cuero y, por encima, tabardo de origen moro, cerrado y con aberturas para los brazos. Completa el atuendo un discreto gorro cónico del que sale, como única concesión a la moda, una pluma de avestruz. Dignas vestiduras para un público escribano, aunque en Branco adquieren un aire de desaliño, una arruga aquí, una mancha de grasa allá, que hace pensar en alguien que no para mientes en su aspecto. Atraviesa la plaza con la expresión absorta. Ni cuenta se da de las miradas que le siguen, de los saludos que se retraen ante su ceño fruncido, menestrales y artesanos, criados, limosneros, amas de casa, todos le conocen, le aprecian, es hombre de bien. Su puerta está siempre abierta para los que precisan de sus servicios como escribidor de testamentos, mandas, procuraciones, cartas de inventario o cualesquiera otros documentos que las gentes requieren para defenderse de los poderosos. Escribanos hay en la villa, desde luego, pero ninguno con tal fama de justo y bondadoso, que con frecuencia los más humildes acuden a su puerta no ya para que les redacte este o aquel documento, sino en busca de consejo, de auxilio, de una pizca de comprensión. (Sigue tras el salto)
|
15 junio , 2012
Mis libros
Onte quedei, unha vez máis, endebedado e agradecido. Pese aos prognósticos en contra (que o fútbol é moita competencia), a libraría Cartabón de Vigo acolleu a un bo número de amigos, lectores, redelibreiros e curiosos que se achegaron á presentación do Xoán Branco e a gran revolta irmandiña. Quedo agradecido, que menos, polas fermosas verbas que me dedicou Carme Pérez Vaquero, secretaria a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, indomable defensora do noso e, sobre todo, unha excelente amiga, desas persoas coas que sempre podes contar. Agradecido tamén, como non, con Maribel e Gonzalo, da Libraría Cartabón, que son xa parte da familia. Agradecido, por suposto, con todas e todos os que vos pasastes pola libraría para compartir conmigo este momento. E con Roberto García, autor dunhas fermosas fotos (entre elas, esta que aparece á esquerda). A este paso, non vou dar atopado a forma de compensarvos por tanta débeda... Déixovos co vídeo da presentación, por se tedes curiosidade.
|
13 junio , 2012
Mis libros
Se é que non me consultaron, e despois pasa o que pasa. Só a eles ocórreselles pór o partido contra Irlanda o xoves ás 20:45 sen consultarme antes. Claro, despois as teles queixaránselles de que se a audiencia polo chan, que se un fracaso total. Estalles ben, que narices. Se me preguntaran, avísolles de que o xoves ás 20:00 presento o meu novo libro, Xoán Branco e a gran revolta irmandiña, e que claro, van quedar sen espectadores. Pero nada, fan as cousas sen preguntar e despois veñen con queixumes... Bo, polo menos a miña presentación é ás 20:00 e o partido ás 20:45, así que irei rapidiño para que teñan espectadores na segunda metade. O que hai que facer por estes raparigos! Ah, por certo: déixovos o cartel que Xosé Rodríguez Lois preparou. Moi chulo, como el mesmo... :-))

|
05 junio , 2012
Mis libros
Pois xa o sabedes: o xoves 14 de xuño, as 20:00 horas, teremos na cidade a alguén moi especial: nada menos que Xoán Branco, escribán betanceiro e capitán xeral da gran revolta irmandiña de 1467. Un home deses que deixan fonda pegada, dos bos e xenerosos, dos que loitan arreo por defenderen aos que non teñen voz. Estará na libraría Cartabón de Vigo para falarnos de como todo un pobo ergueuse contra as arbitrariedades dos nobres, contra a inxustiza e a violencia dos malfeitores que queimaban a terra. De seguro que nos conta unha chea de cousas sobre o derrubamento das fortalezas de toda Galiza e de como conseguiron, coa forza da unidade, botar fóra desta terra aos nobres e demais xentes de mal vivir. E todo no século XV! (O que nos queda aprender da nosa propia historia!). Acompañaremos a tan insigne visitante Carme Pérez Vaquero, secretaria da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (outra destacada loitadora a prol deste país) e mais eu, aínda que me temo que, no meu caso, só como convidado de pedra... (que vou dicir diante de tan egrexios convidados!). Por suposto, tanto Xoán Branco coma Carme Pérez Vaquero e eu mesmo estaremos encantados de que decidades pasarvos pola libraría Cartabón a facernos compaña. Anotádeo nas vosas axendas!
|
- Página 1 de 3
- << Inicio < Prev 1 2 3 Próximo > Fin >>
|