(Sobre Xoán Branco e a gran revolta irmandiña) Noraboa polo libro, está moi ben, utilizas unha linguaxe cercana, coma un conto, e iso está ben, fas que a historia chegue ao público dun xeito real, directo e sen redundancias, acercas os personaxes históricos como se fosen personaxes actuais e iso fai que a lectura sexa rápida e moi interesante. Gustoume lerte en galego, non sei, pero resúltasme máis cercano. Xa que logo, sigue así, estou segura de que os teus lectores o agradecerán.